A Coruña, a 8 de junio de 2.009
Estimado/a socio/a:
Os días 10,11 e 12 de outubro de 2009 terá lugar na nosa cidade a celebración do II Salón Coruña Outlet “Alen”, organizado pola Concellaría de Promoción Económica do Concello da Coruña.
O obxectivo do Salón é facilitar ao pequeno comercio da cidade a saída das existencias acumuladas doutras tempadas e ampliar a novos clientes o coñecemento das tendas e os productos que comercializan.
Como seguramente coñeces, o I Salón Coruña Outlet “Alen”, celebrado en 2008, foi un éxito rotundo en vendas e participación, con mais de 75.000 visitantes e unhas vendas estimadas en 800.000 euros.
Na edición de este ano, farase un esforzo ampliando o espazo adicado a comerciantes.
O éxito deste evento depende, en grande parte, da participación, da calidade dos productos que se expoñen e da recoñecida profesionalidade do sector.
Por este motivo, queremos dirixirnos a todos os nosos asociados para que este II Salón Outlet sexa unha boa oportunidade para que o pequeño comercio acrecente a súa competitividade en tempos de crise.
No ducumento adxunto pode consultar as bases reguladoras para participar neste II Salón Outlet e mais información que pode resultar do teu interese.
Sen outro particular, recibe un cordial saúdo,
Fdo. Rafael Granados Guillén
Presidente Área Comercial As Conchiñas
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Bases Alen 2009 | 46.43 KB |

