Novas

15.10.2009 Festivos de apertura autorizada para o ano 2010

Informámoslles de que foi publicado o calendario de domingos e festivos nos que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2010, establecendose os seguintes días:

  • 3 de xaneiro
  • 10 de xaneiro
  • 1 de abril
  • 4 de xullo
  • 5 de nadal
  • 12 de nadal
  • 19 de nadal
  • 26 de nadal

08.10.2009 Cursos gratuitos e lotería de nadal

Poñémonos en contacto con vós para informarvos dos novos cursos gratuítos para comerciantes os que poderán acceder tanto o titular do negocio como os empregados e fillos do titular, en caso de ser tamén autónomos.

08.10.2009 Plans e fondos de pensións

A Federación Nacional de Autónomos ATA logrou o pasado 5 de maio, na Mesa do Traballo Autónomos, arrincar unha medida ao goberno, a cal consideraba moi importante nestes tempos de crise na que o autónomo víase avocado a pechar o seu negocio, e é a de Rescatar de forma anticipada o Plan de Pensións.

14.09.2009 Axudas a empresas de transportes públicos

Orde do 17 de agosto de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para 2009 axudas a empresas de transporte público de viaxeiros para a adquisición de vehículos accesibles.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

Adquisición de vehículos destinados ó transporte interurbano con máis de 9 plazas
Adaptados para o uso de persoas con movilidade reducida
Adquiridos no 2009

16.07.2009 Calendario Laboral para el año 2010

Informamoslles de que foi publicado o calendario laboral da Comunidade Autónoma Galega para o ano 2010, establecéndose como festivos os días seguintes:

  • 1 de xaneiro Ano Novo
  • 6 de xaneiro Día de Reis
  • 19 de marzo San José
  • 1 de abril Xoves Santo

08.07.2009 Axudas destinadas a renovar o parque móbil

Estimado asociado/a:

Nos ficheiros adxuntos poñemos remitímoslles as disposicións regulamentarias nas que se contemplan as axudas para adquisición de vehículos tanto de catro, como de dúas rodas.

Estas axudas sumanse ás do Goberno Central e ás propias dos concesionarios.

Esperamos sexan do seu interese, reciban un saúdo cordial

06.07.2009 Subvención destinada a adquisición de equipos informáticos

Estimado asociado/a:

A través desta axuda da Consellería de Economía e Industria subvencionanse ata 350,00€ na adquisición de equipos informáticos.

01.07.2009 Axudas para adquisición de equipamento industrial

Estimados/as asociado/as:

No documento adxunto ofrecémoslles un resumo das disposicións publicadas nos últimos días no DOG, en materia de axudas e subvencións para a adquisición de equipamento industrial.

O prazo de presentación de solicitudes termina o día 24/07/09.

Esperamos que sexa do voso interese.

Reciban un saúdo cordial

08.06.2009 II Salón Coruña Outlet “ Alen”

A Coruña, a 8 de junio de 2.009

Estimado/a socio/a:

Os días 10,11 e 12 de outubro de 2009 terá lugar na nosa cidade a celebración do II Salón Coruña Outlet “Alen”, organizado pola Concellaría de Promoción Económica do Concello da Coruña.

11.05.2009 Marcha pola paz

Estimádos comerciantes:

A organización Agra Humanista, convida aos asociados do Área Comercial As Conchiñas, á presentación da marcha mundial pola paz e a non violencia que se celebrará o xoves día 14 de maio ás 21,00 H na rúa Vila de Negreira nº 54 baixo, esperamos acuda o maior número de comerciantes e así poder manifestar a nosa adhesión a dita marcha.

Un saúdo

©2010 Área Comercial As Conchiñas

Desenrolo web Coingal Sistemas de Información